Corbelle organiza un torneo de tiro ó prato para os días 10 e 11 de agosto

A parroquia de Corbelle en Vilalba organiza un torneo de tiro ó prato en modalidade foso Robot, para os días 10 e 11 de agosto.

Este torneo será no campo de tiro As Breas Corbelle e as tiradas oficiais serán en horario de 10:00 a 20:00 horas. Cada tirada ten un prezo de 30 euros con reenganche de 7 euros. Haberá premios para os 7 mellores tiradores.

As tiradas locais, para membros do coto de caza Canteirada e os domiciliados nos concellos de Vilalba e Abadín, o horario será de 10:00 a 14:00 horas. E as tiradas terán un prezo de 10 euros con reenfanches de 7 euros. Haberá premios para os seis primeiros clasificados que poderán ser xamóns, lacóns, lotes de viños, embutidos e trofeos.

Ademais poderase facer pull con premio a elexir por escuadra, no que o prezo é de 15 euros por tirador, pero no que deberá haber un mínimo de 5 tiradores.

Haberá servizo de bar e cartuchería no campo de tiro.

Tan so se desempatará para o primeiro posto da tirada oficial e local, o resto por orden de inscrición. O horario para o desempate será o domingo 11 ás 20:00 horas.

Para máis información é necesario chamar ao 665 81 13 04, 655 31 30 96 ou 636 69 79 29.

 

Etiquetas