Mañá na Casanova terá lugar a XI Xuntanza dos Roupareses

O 3 de agosto na Casanova terá lugar a XI Xuntanza dos Roupareses, organizada pola Asociación Mulleres Rurais de Roupar, e as Asociacións de Veciños de San Estevo, Do Campo e de Roupar.

A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa en recordo dos veciños que xa non están. Acto seguido será a sesión vermñu amenizada polo Dúo Suso.

Despois haberá un xantar popular cun menú que inclue empanada, paella, costela asada, ensalada, sobremesa, viño, refrescos, café e chupitos, e todo isto por 25 euros os adultos e 12 os nenos de 6 a 12 anos.

Para anotarse ao xantar haberá que facelo antes do 30 de xullo.

Etiquetas