Suegos celebra este domingo as súas patronais

A parroquia de Suegos, en Pol, festexa este domingo 4 de agosto as súas festas patronais na honra de Nosa Señora das Neves.

O programa deste único día de festa comezará ás 13.30 horas coa misa solemne seguida de sesión vermú coa orquestra Galilea.

Pola noite, ás 22.30 horas, arrincará a verbena, na que estará de novo a orquestra Galilea acompañada do dúo Charada.

Etiquetas