Torneiros, Pol, comeza hoxe as súas patronais

A parroquia de Torneiros, en Pol, festexa hoxe e o xoves as súas festas patronais na honra de San Lourenzo.

O programa destes dous días de festa comezará ás 13.30 horas coa misa solemne seguida de sesión vermú co grupo Kalima 3.0, que será o mesmo que amenizará a verbena da noite xunto coa orquestra Panamá.

Ao día seguinte, repetirase a xornada relixiosa, pero nesta ocasión a sesión vermú será amenizada pola orquestra Mar D’Arousa.

Etiquetas