Lista a programación festiva nos barrios vilalbeses de San Roque e As Pedreiras

A programación de San Roque nos barrios vilalbeses de San Roque e o das Pedreiras está xa lista.

Como en ocasións anteriores, a xornada terá lugar o venres 16 na praza de Santa María de Vilalba. Ás 13.00 horas comezará a misa solemne, ao que seguirá a procesión e rematará cunha sesión vermú a cargo do trío Antha.

Pola tarde, ás 21.00 horas terá lugar a IV Xuntaza de Voces de Vilalba e a continuación a verbena estará a cargo do Dúo Estrellas e do trío Antha.

Etiquetas