O Mupav de Vilalba prepara varias actividades para este mes

Dende o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba estanse a programar unha serie de actividades de verán co obxectivo de achegarlle á cidadanía, no seu propio entorno social, exposicións, conferencias e audiovisuais que amosen e  fagan comprender a importancia do pasado máis remoto como base da identidade cultural.

Aínda que as actividades xa comezaron en xullo, a seguinte será o sábado 10 cun roteiro pola Serra do Xistral, o día 18 poderase visitar a exposición Amígate co Mupav na alameda de Vilalba e o 28 haberá outro roteiro polo casco histórico de Vilalba.

Xa en setembro, o día 8 repetirase a exposición Amígate co Mupav na alameda de Vilalba, o 14 haberá un roteiro baixo o título Coñece a Terra Chá 11, e os días 28 e 29 farase unha viaxe cultural a Burgos.

Algunhas destas actividades están suxeitas a previa inscrición e ao abono de cota de participación. Máis info e inscricións no museo 982 511 383 e a través de amigos@museovilalba.org

Etiquetas