Árbol festexa as súas patronais a San Lourenzo

A parroquia vilalbesa de San Lourenzo de Árbol festexa as súas festas patronais a fin de semana do 10 e 11 de agosto.

Os actos festivos darán comezo o sábado, ás 13.30 horas coa misa solemne e procesión, seguido da sesión vermú con Cerna de Árbol e a orquestra Pontevedra. Xa pola noite na verbena volverá estar Pontevedra acompañada de Paladium.

O domingo as celebracións repetirán oficio relixioso. A música da xornada estará a cargo da orquestra Nevada Band, que se ocupará pola tarde da sesión vermú e pola moite da verbena.

Etiquetas