Mañá celébrase a XXIX Carreira Popular Os Vilares de Guitiriz

O 10 de agosto celebrarase a XXIX Carreira Popular Os Vilares de Guitiriz.

A proba comezará ás 10:45 coa recollida de dorsais, e ás 12:30 dará comezo a categoría absoluta que será de 5 quilómetros, e na que haberá diferentes categorías, A (ata 29 anos), B (de 30 a 42 anos), C (de 43 a 55 anos) e D (máis de 55 anos).

Ás 13:15 será a quenda das carreiras infantís coas categorías E (2014 e posteriores), F (2011 a 2013), G (2008 a 2010), H (2006 a 2007) e I (2004 a 2005)

O rematar as diferentes probas farase entrega dos premios para os mellores participantes, ademias do agasallo conmemorativo para todos.

Haberá avituallamento final para os atletas que rematen a proba, na zona habilitada pola organización.

Para participar é preciso inscribirse antes do 8 de agosto na páxina web de championchipnorte.com.

Etiquetas