Bretoña acolle o 31 de agosto a VIII Ruta do Cabalo

A Asociación Amigos do Cabalo Os de Bretoña celebrará a súa tradicional Ruta do Cabalo o sábado 31 de agosto na que será a súa VIII edición.

Esta proba, que non ten carácter competitivo, consiste nun  paseo a cabalo no que poden participar todos os que queiran sempre que se fagan responsables do seu propio animal

A programación da xornada dará comezo ás 10.00 horas coa recepción dos participantes no campo da festa de Bretoña para desfrutar dun almozo gratis.

Ás 10.30 dará comezo a ruta, que se  prolongará ata as 14.30 horas e na que se fará unha parada a media mañá para beber.

Finalizarán esta concentación ecuestre cunha comida dos participantes no propio campo da festa, comida que estará amenizada pola actuación de Verónica Cambón.

Neste xantar poden participar todas as persoas que o desexen, vaian a cabalo ou non.

Os interesados en sumarse a esta actividade deberán apuntarse ata uns días antes da proba no teléfonos 664 262 728 ou 606 394 432.

Etiquetas