A Unidade Móbil da ITV visita Guitiriz en setembro para vehículos agrícolas e turismos

A unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas e a de turismos estará en Guitiriz no mes de setembro.

A agrícola estará os 5 e 6 de setembro no campo da festa de Pígara, o 9 e 10 no de Trasparega, o 11 e o 16 detras do cemiterio de Buriz e o 17 e o 18 no propio polígono industiral de Guitiriz.

A atención ao público será de 9:00 a 13.30 horas e de 15:15 a 18:00, agás o 13 e o 18, que só terán horario de mañá.

Para a revisión dos turismos a unidade móbil estará do 23 ao 26 no mesmo polígono industrial de Guitiriz co mesmo horario partido agás o día 26, que só traballarán de mañá.

Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309000 ou a través da web www.sycitv.com. A organización lembra que no se pasará inspección a vehículos con carga nin a vehículos con aperos.

Etiquetas