O lago das Pontes conta xa co certificado de Aenor

Na praia do lago do Concello das Pontes ondea xa a bandeira verde de AENOR. Unha distinción que acredita que a xestión ambiental do espazo cumpre coa Norma Internacional ISO 14001 e co Regulamento EMAS.

A concelleira de Turismo, Elena López, acompañada pola concelleira de Benestar Social, Tania Pardo, e o director da Rexión Atlántica de AENOR, Martín Pita xunto con outros membros da corporación municipal, foron os encargados de izar este distintivo que certifica que As Pontes é un concello socialmente responsable.

Trátase dun recoñecemento que en palabras de López “representa unha garantía da calidade ambiental da praia do lago e marca a liña de traballo do goberno municipal neste eido, coidando un dos principais activos turísticos da vila que conta cunhas augas calificadas de excelentes pola Consellería de Sanidade e continuando coa súa conversión como exemplo de sustentabilidade e accesibilidade”.

Así, a bandeira AENOR recoñece que o Concello das Pontes puxo en marcha no lago un sistema de xestión ambiental que contribúe ao desenvolvemento e mellora de calidade de vida dos veciños a través do uso respectuoso dos recursos naturais, con medidas adecuadas que minimizan e eliminan o impacto ambiental.

Durante o acto de izado da bandeira verde de AENOR, as concelleiras López e Pardo, presentaron tamén os novos servizos do lago destinados a promover a acessibilidade e a seguridade na praia pontesa.

En primeiro lugar, sinalaron que o lago conta xa con cunha cadeira anfibia para facilitar o baño na praia do lago ás persoas con mobilidade reducida e que precisan de apoio para poder gozar das augas pontesas.

Tania Pardo, responsable da área de Benestar Social, apuntou que “deste xeito tratamos de adaptar a praia do lago ás súas necesidades, dando un paso máis a hora de facer o noso municipio máis accesible, posibilitando que a nosa veciñanza e visitantes poidan gozar dos servizos e espazos municipais en igualdade de condicións”.

A edil tamén explicou que “estas cadeiras, ao ter flotabilidade positiva, permiten que unha persoa con mobilidade reducida se poda sentar nela e grazas as súas rodas pode ser trasladada ata a auga polo socorrista.

Unha vez alí, un familiar debe quedarse xunto ao bañista, de xeito que o socorrista poida regresar ao posto de vixilancia e continuar co seu traballo, sen perder nunca e vista á persoa que esta empregando a cadeira anfibia”.

Para emprega a cadeira é preciso chamar, de luns a domingo, de al teléfono 673 240 434 de 11:30h a 14:00h y de 16:00h a 20:00h.

Por outra banda, a concelleira de Turismo, anunciou que o lago xa é unha zona cadrioprotexida tras a adquisición dun DESA (desfibrilador externo semiautomático) portátil, deseñado para detectar os latexos irregulares do corazón e subministrar a cantidade de electricidade necesaria para poder estabilizar á persoa que está sufrindo unha parada cardiorespiratoria.

Elena López subliñou a importancia deste novo servizo xa que “a presenza dun desfibrilador no lago, de uso público, permítenos dar un servizo de vixilancia e socorrismo máis completo. É esencial que un espazo tan visitado e no que se desenvolve unha importante actividade deportiva teña as máximas garantías.”

Etiquetas