Ludrio comeza mañá a celebración das súas patronais

A parroquia de Ludrio, en Castro de Rei, celebra as súas festas patronais na honra de Santa María os días 14 e 15 de agosto.

A celebración dará comezo o mércores, ás 13.30 horas, coa misa solemne, á que seguirá a tradicional sesion vermú coa orquestra Escaparate. Pola noite, este mesmo grupo se ocupará da verbena xunto a Panamá Band.

O xoves 15 a festa dará comezo novamente co oficio relixioso, ao que seguirá a sesión vermú da que se fará cargo Maracuyá.

Etiquetas