O CD As Pontes presentará aos seus equipos a partir desta semana

O Club Deportivo As Pontes ven de facer públicas as datas de presentación para o fútbol base para a vindeira tempada, e que serán durante todo este mes de agosto.

Así, o mércores 14 será a presentación do equipo cadete ás 18:00 horas, continuará o seguinte mércores, o 21, co equipo infantil ás 18:00 e co equipo feminino ás 20:00 horas.

O luns 26 será a dos equipos alevíns A e B ás 18:00 horas, e ao día seguinte tocará coñecer aos equipos benxamíns A e B.

O xoves 29 ás 18:00 horas farase a presentación dos prebenxamíns A e B, e xa por último o mércores 18 de setembro chegará a quenda dos máis pequenos do club, os biberóns que será ás 17:00 horas.

Etiquetas