Skip to main content
Actualidade

Ponte de Outeiro, en Castro, estará de festa

Por 6 Setembro, 2019Sin comentarios

A parroquia de Ponte de Outeiro en Castro de Rei xa ten listo o programa das súas festas patronais, que se celebran na honra da Virxe da Portería e teñen as súas datas de celebración os días 7 e 8 de setembro.

As celebracións darán comezo co oficio relixioso a partir das 13.30 nos que haberá misa solemne. A continuación a sesión vermú estará a cargo da orquestra Essencia, que será a mesma que amenizará a verbena da noite xunto coa orquestra Cinema.

Xa pola noite, haberá fogos de artifico para o deleite dos veciños.

O domingo 8 continuarán as celebracións, nas que se repetirán os oficios relixiosos, a procesión e a sesión vermú, que nesta ocasión estará a cargo da orquestra Abanico. A procesión será coa banda de música de Meira.

Pola tarde,haberá unha festa para os máis cativos con xogos infantís e maxia a cargo do mago Roberto Lolo.

O fin de festa terá lugar coa orquestra Abanico, a mesma que se encargará da sesión vermú.