As Pontes acolle o domingo a VIII edición do trail

A localidade das Pontes volverá contar un ano máis co seu tradicional Trail, que terá lugar o domingo 25 con saída do Pavillón da localidade.

Contará con dúas distancias para abrir o abano de participación. A máis longa contará con 27 quilómetros e a curta con 16 quilómetros, a mesma distancia que se realizará na andaina que se celebrará de forma paralela.

Nesta edición participarán 200 persoas, distribuidas nas diferentes categorías da competición: senior masculino e feminino (para os que teñan de 18 ata 45 anos) e veteranos e veteranas (a partir desa idade). Queda prohibida a participación dos menores de idade.

As probas terán a súa saída ás 9.30 horas e haberá abastecemento, que só será con vaso no primeiro. Ademais, continuando coas políticas de respecto ao medio ambiente, non poderán tirarse plásticos ou basuras nas zonas naturais e deberán respectar a fauna.

Etiquetas