Comezan as obras de renovación dos servizos urbanos da avenida das Campeiras das Pontes

O Concello das Pontes iniciou as obras de renovación dos servizos urbanos da avenida das Campeiras á empresa Urespa Proyectos y Obras SL.

Estes traballos, cun orzamento de 100.136 euros, procedentes do Fondo de Compensación Ambiental do 2019 e un prazo de execución de dous meses, permitirá mellorar as redes de saneamento e pluviais, mediante a a substitución do  actual colector de saneamento e antiga tubaxe de abastecemento de auga e todas as conexións individuais así como as canalizacións da iluminación pública.

Asemade instalarase unha tubaxe para fibra óptica, no tramo comprendido entre o cruzamento coa avenida Monte Caxado e a rúa Cobelos.

Asemade,  un sobreancho na beirarrúa cara a zona de aparcadoiros, de xeito que se permita a circulación dos peóns, de acordo coa normativa actual vixente de accesibilidade, e mediante a eliminación das barreiras arquitectónicas existentes que contribuirá a humanizar a zona, mellorar a estética e crear un maior estado de benestar á veciñanza.

Etiquetas