O episodio de turbidez da agua en Guitiriz xa está practicamente resolto

O episodio de  turbidez na auga potable do Concello de Guitiriz que comezou a pasada semana xa se atopa practicamente resolto a pesar de que aínda quedan algunhas zonas do final da traída nas que pode tardar uns días en solucionarse.

Para constatar que todo estaba ben, un técnico da empresa encargada da instalación dos filtros para a eliminación do ferro na auga potable de Guitiriz desprazouse hoxe ata o municipio e, tras a súa visita, concluíu que este mecanismo está a funcionar correctamente.

Ademais, o goberno local encargou hoxe unha analítica da auga ao laboratorio contratado. Os resultados verificaron o que viñan constatando as análises anteriores: a calidade da auga potable é boa e, por tanto, apta para o consumo.

Doutra banda a alcaldesa, Marisol Morandeira, lembrou que actualmente se está redactando un proxecto de mellora da planta potabilizadora co obxectivo de realizar unha serie de melloras que permitan garantir un  auga de calidade.

Etiquetas