O CB Terra Chá organiza a II edición do campus de baloncesto e multideporte

O CB Terra Chá coa colaboración do Concello de Vilalba, está a organizar a segunda edición do campus de baloncesto e multideporte para o 2 ao 6 de setembro no pavillón Mato Vizoso de Vilalba.

A actividade está dirixida a nenos de entre 6 e 17 anos e ten como obxetivos o desenvolvemento dos pequenos, ocupar o tempo de ocio e aprender nas relacións sociais.

Este campus ten un prezo de 60 euros e desenvolverase en horario de 10:00 a 13:30 horas, no que os participantes poderán practicar baloncesto e gozar de xogos populares, ademais de que poderán facer actividades tamén na piscina e outros talleres.

Para máis información haberá que poñerse en conteacto co CB Terra Chá no teléfono 672 01 07 66 ou no email luzencumactividades@hotmail.com

Etiquetas