O Pargarock adiántase ata o 7 de setembro

A Carballeira de Parga acollerá o 7 de setembro a terceira edición do seu festival rock que congregará a seis bandas de música que ofrecerán os seus respectivos concertos de balde.

Así, o Pargarock iniciarase cunha sesión vermú a cargo do dj Sonora Balkumbiera e o grupo Os residuos Atractivas. Ademais, e antes do prato forte, que serán os concertos da noite, haberá pasa-tabernas polos locais de Parga.

Finalmente, os concertos da noite estarán a cargo de Mileth, Zenzar, Talesien e Strikeback. As previsións da organización é que os concertos se alonguen ata as 6 de madrugada do domingo.

A organización confirmou no cartel a súa postura en contra do proxecto de supresión dos pasos a nivel en Parga.

Etiquetas