A Aula Cemit de Guitiriz clausura o curso Verán Dixital

A aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Guitiriz, vén de clausurar a actividade  tecnolóxica Verán Dixital.

Durante os meses de xullo e agosto, un total de 12 nenos e nenas de entre 9 e 12 anos gozaron dun taller de informática. O obxectivo foi o de introducir  aos máis pequenos no mundo das novas tecnoloxías, de forma divertida e práctica, adquirindo habilidade e experiencia no uso do computador e familiarizándose cos programas que máis se adecúan á súa idade e intereses.

Algúns dos programas que os menores utilizaron foron: Klavaro, Libre Office Impress e Libre Office Writer.

A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos,  tutorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarias para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Etiquetas