A parroquia de Penamazada de Pol comeza mañá as súas festas

A parroquia de Penamazada de Pol celebrará esta fin de semana as súas festas patronais na honra de San Ramón.

As celebracións darán comezo o venres 30 cunha churrascada popular ás 22:00 horas e que estará amenizada polo dúo Epo-K.

Xa o sábado 31, a xornada comezará ás 13.30 horas coa misa solemne seguida de procesión e sesión vermú co dúo Merengue. Pola noite, este conxunto será o encargado da verbana.

O domingo repetirase a programación relixiosa coa orquestra Stereo en sesión vermú e tamén na verbena, na qu estará acompañada por Charleston.

Haberá rifas a venda para o sorteo dunha estancia no Hotel Lar de Donas.

Etiquetas