Skip to main content
Actualidade

O Museo do Castro de Viladonga ofrecerá un obradoiro de cerámica castrexa

Por 2 Setembro, 2019Sin comentarios

O Museo do Castro de Viladonga ofrecerá os días 7 e 8 de setembro un obradoiro de cerámica castrexa impartido por Sandra Obarrio da Fundación Terra Termarum de Cuntis.

Este obradoiro comezará o día 7 de setembro en horario de 11 a 14 coa elaboración dunha peza e o día 8 levarase a cabo a decoración de esa peza.

Xa en datas posteriores, dependendo da climatoloxía, realizaráse a cocción das pezas realizadas no obradoiro nun forno aberto in situ na contorna do museo.

Pódense facer as inscricións chamando aos teléfonos 982 870 160 ou 982 870 159. E terán prioridade as persoas que non teñan realizado este obradoiro noutras convocatorias