Guitiriz abriu o prazo de inscrición para un curso de cerámica

O Concello de Guitiriz abriu o prazo de inscrición para un curso de cerámica que se impartirá a partir do 4 de outubro.

Este curso será durante todos os venres en horario de 11.30 a 13.00 e de 18.30 a 20.00 horas. Impartirase no Soto da Casa Habanera e terá un prezo de 20 euros ao mes.

Os interesados poden anotarse no Concello dende o 9 ao 27 de setembro de 2019 e está destinado ao publico en xeral, e nenos a partir 8 anos de idade. 

Tamén vén de abrir o prazo de matrícula da Uned senior que estará aberto dende o luns 9 ata 27 de setembro. Todos os interesados poden formalizar a matrícula no Concello, pero debe haber un mínimo de 10 participantes para que as actividades se leven a cabo.

Etiquetas