A Romaría de San Mateo en Labrada será o 21 de setembro

A parroquia de Labrada no Concello de Guitiriz celebrará o sábado 21 de setembro a nova edición da Romaría de San Mateo, que dará comezo ás 10:30 coa saída dos cabaleiros desde a Capela de San Mateo.

Esta celebración terá ás 13:30 horas a súa tradicional misa campestre seguida da sesión vermú, que estará amenizada polos dúos Venus e Ariel.

O xantar está previsto ás 14:30 horas no Campo da festa, e contará con polbo, churrasco, sobremesa, café e licaores variados, e terá un prezo de 20 euros.

Pola noite haberá pinchos para os asistentes, e unha verbena a cargo dos dous dúos que puxeron a nota musical na sesión vermú.

Os interesados en anotarse a esta celebración teñen que facelo antes do día 18 no teléfono 676 615 947 ou falar con Cesár. Os tiquets do xantar podense retirar o mesmo día na pulpería.

Etiquetas