Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Comeza o programa Guitiriz Madrugadores e Concilia Tardes

Por 5 Setembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Guitiriz ven de publicar as normas e requisitos para este vindeiro curso do Guitiriz Madrugadores e de Concilia Tardes, que abre as súas portas a partir do 15 de setembro e ata o último día lectivo de xuño e desde ás 8:00, e atendense aos nenos ata o horario de entrada no cole de Lagostelle ás 9:30.

A hora límite de entrada no Centro son as 8:50, a partir desa hora pecharanse as cancelas e todos aqueles nenos e nenas que cheguen despois terán que agardar ás 9:20. Aqueles nenos que levan o almorzo terán que chegar ás 8:30. 

No tempo de Madrugadores os nenos poden participar nas propostas de actividades que se levan a cabo, poden xogar nos diferentes recunchos que se ofrecen ou poden realizar as súas tarefas ou estudar se así o desexan. En xeral, favoreceranse actividades e propostas relacionadas co xogo grupal e non competitivo, relacionadas coa igualdade e o respecto pola natureza. 

Co programa de Concilia Tarde pretendese axudar ás familias na súa conciliación da vida laboral e familiar no horario posterior ao cole e ata as 18:00. Polo tanto nos meses de setembro e xuño será de: 15:15 a 18:00 e no resto do curso será de 16:00 a 18:00. A hora de recollida dos nenos deberá ser unificada ou ben as 17:00, 17:30 ou 18:00 según as necesidades que máis se axusten ás familias. Aqueles nenos e nenas que leven a merenda deberán permanecer ata as 18:00. 

Os nenos poden facer uso dos dous servizos se o precisan, máis é necesario que ningún neno supere as 8.5 horas de permanencia no Centro. É importante respectar os horarios de entrada e saída do centro. 

Para un mellor funcionamento do servizo traballarase cos nenos, e dende o Centro solicitan a colaboración das familias para que haxa o maior respecto posible no coidado dos materiais, xogos así coma no respecto polos compañeiros.

Os pequenos poden asistir diariamente, determinados días, semanas alternas ou de xeito puntual, ainda que este último ten que ser previo aviso e entendese por “puntual” cando non se superan de media 3  asistencias mensuais.