O Iescha propón cambiar os nomes da Casa da Cultura e da biblioteca de Vilalba

Recentemente o Instituto de Estudos Chairegos remitiu á alcaldesa do Concello de Vilalba un escrito propoñendo que a Casa da Cultura de Vilalba pase a chamarse Manuel María e que a Biblioteca Pública Municipal de Vilalba sexa Agustín Fernández Paz.

Desde o Iescha preganlle que propoña á Corporación Municipal a adopción dos dous nomes xa que son dúas emblemáticas personalidades chairegas imprescindibles no ámbito literario galego.

Manuel María, aínda que era natural de Outeiro de Rei, acudía con frecuncia a Vilalba, de feito mencionou esta vila en numerosos poemas. E Fernández Paz, nado en Vilalba e profesor de literatura en diferentes centros, xa ten adicado o premio de Narrativa Infantil e Xuvenil e a biblioteca do Ies Basanta Silva, pero dende o Iescha opinan que ” é unha persoa merecedora dun homenaxe nun espazo público e importante como a biblioteca”.

Etiquetas