Marraxón en As Pontes celebra as súas patronais

O Marraxón, nas Pontes, celebrará a festa na honra a Virxe dos Remedios, o 14 e 15 de setembro.

A celebración dará comezo coa misa solemne e a procesión ás 13.00 horas, ao que seguirá a sesión vermú a cargo do dúo Estrellas que xunto Natalia, serán os encargados de amenizar a verbena da noite.

Xa o domingo voltará a misa solemne ás 12.30 seguida dunha poxa popular, e dunha sesión vermú a cargo de Ana Cristina.

 

Etiquetas