Chinchiribote organiza un obradoiro teatral en Pol

A Asociación Cultural Chinchiribote organiza un obradoiro teatral con dous grupos.

A novidade é que un deles estará aberto a todas as persoas dende os 8 anos, favorecendo o contacto e as relacións interxeracionais.

Este obradoiro será os venres a partir das 17.00 horas no Centro Sociocultural do Concello de Pol. O outro será os martes a partir das 21.30 no mesmo lugar.

Para máis información chamar ao 679 865 866 .

Etiquetas