Begonte anunciou a programación de actividades socioculturais e deportivas para este curso

O Concello de Begonte anunciou a programación de actividades socioculturais e deportivas para este curso 2019/2020, que este ano ofertan un total de 12 modalidades.

Así, o primeiro prazo de inscrición terá lugar do 12 ao 25 de setembro, e o segundo do 7 ao 17 de xaneiro. As persoas interesadas deberán entregar o formulario que se facilitará no Concello ou pola sede electrónica.

Nestas actividades podense atopar actividades para nenos de hóckey en patíns, multideporte, robótica, natación, taekwondo, ximnasia rítmica, tenis, fútbol sala, teatro, música, zumba e xadres.

E as actividades ofertadas para adultos son restauración de mobles e tapicería, pintura, manualidades, aqua fit, baile de salón, pilates, estimulación cognitiva, aeróbic, ioga, ximnasia de mantemento, internet, zumba e tenis.

A duración das actividades será do 1 de outubro ao 30 de maio do 2020.

Etiquetas