Skip to main content
ActualidadeVilalba

Concello e Rácing Vilalbés suman o seu apoio ás mobilizacións pola crise da central das Pontes

Por 16 Setembro, 2019Sin comentarios

Continúan na comarca as mostras de solidariedade coas mobilizacións que se están levando a cabo para solicitar ao Ministerio de Transición Ecolóxica unha transición enerxética xusta e a posta en marcha de políticas que permitan retomar a actividade produtiva da central térmica pontesa.

Así, nesta ocasión, os xogadores do Rácing Vilalbés posaron antes do seu partido baixo unha pancarta que levaron os camioneiros que están mobilizados. Desta maneira mostran o seu apoio ás mobilizacións e reclamacións.

Pola súa banda, a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro mostrou nun comunicado municipal o apoio do Concello aos traballadores afectados pola inactividade da central térmica. Tras cinco meses de paro, hai unha semana que os traballadores iniciaron na casa consistorial de Vilalba un encerro.

A corporación solicitou nun escrito á cidadanía “que se sume ao calendario de mobilizacións establecidas froito dos acordos do Comité de Crise xa que nos afecta a toda a sociedade vilalbesa. Os traballadores precisan neste momento delicado o maior dos respaldos, tanto das institucións como da veciñanza, para que se leven a bo termo as súas peticións.