A Deputación activa un dispositivo especial pola ameaza de treboadas previstas para as próximas horas

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, responsable directo da área de Xestión Territorial, anunciou que esta mañá quedou activo un dispositivo especial na rede viaria provincial por mor dos avisos por meteoroloxía adversa para as vindeiras horas, tanto de intensas chuvias, sarabia e fortes tormentas na zonas sur, centro e montaña de Lugo.

A Deputación traballará para manter as estradas e as vías en estado óptimo, dando resposta ás necesidades dos municipios. Para iso, están despregados todos os recursos necesarios, tanto materiais coma humanos, nas 8 zonas de conservación.

O organismo provincial manterá activado o dispositivo ata esta noite, momento no que remiten os avisos por meteoroloxía adversa. Está composto por 48 operarios, 20 máquinas pesadas e 8 vehículos con material lixeiro, co obxectivo de resolver calquera tipo de problema existente nas estradas da provincia e garantir a seguridade na circulación.

Etiquetas