Skip to main content
A PastorizaActualidade

O Concello da Pastoriza rehabilita o Cristo da Castiñeira

Por 18 Setembro, 2019Setembro 25th, 2019Sin comentarios

O Concello da Pastoriza, en colaboración co Proxecto Carboeira, remataron xa co proceso de recuperación e restauracion do cruceiro coñecido como Cristo da Castiñeira, situado na parroquia de Rigueira. O Concello foi o encargado de poñer en marcha a rehabilitación mentres que a asociación veciñal foi responsable da súa reubicación no lugar das Fontes, moi preto da antiga escola e fronte ao actual campo da festa da parroquia.

Esta rehabilitación foi feita por técnicos de patrimonio baixo a supervisión do mestre don Mario Saavedra, un dos maiores especialistas de Galicia, que se encargaron de elaborar a cruz e o capitel de novo, ademais de acondicionar as demais pezas.

Esta mostra de patrimonio cultural pastoricense foi cedida por Pedro García Abraira ao Concello. Atopábase no barrio de Carreira, nun espazo no que fai anos os veciños celebraban as patronais e que actualmente está adicado a terras de cultivo, ao entrar dentro da reestruturación parcelaria polo que pasaba desapercibido. Ahora ocupará un lugar destacado fronte ao actual campo da festa.

Nos labores de restauración, cuxo proxecto foi realizado polo goberno municipal da Pastoriza, traballaron dúas integrantes da Secretaría de Patrimonio da Xunta de Galicia, que se encargaron de elaborar a cruz e o capitel de novo, ademais de acondicionar as demais pezas.