Carballido de Vilalba celebra as súas patronais

A parroquia vilalbesa de Carballido celebra esta fin de semana as súas festras patronais na honra da Virxe dos Remedios.

As celebración darán comezo como vén sendo habitual coa misa ás 13.30 horas seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Xacobeo.

Pola noite a verbena estará protagonizada por El Combo Dominicano, ao que acompañará de nova Xacobeo.

O domingo repetirán sesión relixiosa e a sesión vermú contará coa actuación de Cerna de Árbol antes da orquestra Nevada Band, que tamén tocará pola noite na verbena.

Etiquetas