O Plan de transporte metropolitano de Galicia bonificou máis de 83.000 viaxes en autobús

O Plan de transporte metropolitano de Galicia permitiu bonificar nos oito primeiros meses deste ano máis de 83.000 viaxes na área de Lugo, un 8,32% máis que no mesmo período do ano anterior.

Os servizos de autobuses neste área está a sumar usuarios da tarxeta de transporte metropolitano, que se están a beneficiar das viaxes bonificadas nos seus percorridos coa utilización dos máis de 6.000 dispositivos activos.

En canto aos núcleos de poboación que rexistran máis usuarios de dispositivos con viaxes bonificados, o Concello de Lugo sitúase en primeiro lugar, con máis de 4.800 tarxetas de transporte metropolitano.

Nesta área entre os percorridos que rexistran máis viaxes están os traxectos dentro do propio concello de Lugo, sumando case 7.500, destacando tamén a conexión entre Lugo e Rábade, con case  7.300 viaxes.

Cómpre salientar tamén as máis de 12.500 percorridos realizados polos usuarios das preto de 1.000 tarxetas Xente Nova activas, que permitiron aos menores de 19 anos viaxar de xeito gratuíto nos autobuses metropolitanos.

Os mozos que máis viaxes gratuítas realizaron coa tarxeta Xente Nova proceden do municipio de Lugo, con máis de 600 dispositivos.

O Plan de Transporte Metropolitano é un programa social impulsado pola Xunta que persegue fomentar o uso do transporte publico colectivo ao tempo que axuda, de xeito importante, á economía das familias.

Este plan, que mediante o uso da Tarxeta de Transporte Metropolitano permite descontos medios do 50% nas viaxes interurbanas, achegando a Xunta de Galicia o 80% do financiamento desas bonificacións no prezo do billete e o conxunto dos concellos o 20% restante. A administración autonómica custea tamén as bonificacións adicionais do 15% que se aplican a usuarios frecuentes, aqueles que realicen máis de 40 viaxes nun mes, así como os descontos extra de ata o 50% para familias numerosas.

Tamén é de especial interese para os mozos e mozas a medida posta en marcha pola Xunta en agosto de 2016, a  tarxeta Xente Nova, coa que o transporte interurbano metropolitano é gratis para os menores de 19 anos.

Actualmente, a Xunta está a traballar na renovación e renovación integral de todas as liñas de autobús interurbano da Comunidade, que se desenvolverá a través da implantación do Plan de Transporte Público de Galicia, que culminará en 2020.

Esta iniciativa prevé a extensión a toda Galicia das vantaxes do Plan de transporte metropolitano e da Tarxeta Xente Nova, pola que os menores de 19 anos viaxan de balde no transporte interurbano.

Etiquetas