Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Centro de Xuventude de Vilalba abre o prazo de inscrición para os seus cursos

Por 25 Setembro, 2019Sin comentarios

O Centro da Xuventude de Vilalba, dependente da Consellería de Política Social, realizará durante o outono e inverno unha serie de cursos e xornadas para os que ten aberta a inscrición.

Os cursos programados novamente para este outono son zumba e fitnes, pintura e debuxo, escola de xadrez, artes plásticas, fotografía dixital, aeróbic, xornadas de cociña e, como novidade, torneo de LOL.

Estes cursos están dirixidos fundamentalmente á mocidade e abertos á participación de todos os interesados.

Todos os que desexen inscribirse nestes cursos, que son de balde, poden facelo no Centro da Xuventude e solicitar máis información no teléfono 982 828 340 polas tardes.

O prazo para inscribirse estará aberto ata o día 30 de setembro, para poder dar inicio aos cursos, malia que continuarán colléndose solicitudes durante todo o curso en todas as actividades, por se xurdiran baixas ao longo do mesmo.