Rábade abre de novo a liña de axudas á escolarización

O Concello de Rábade volve ofrecer este ano as axudas polo inicio do curso escolar, para as que establece un prazo de presentación ata o 4 de outubro.

O Concello ten establecida esta liña de axudas económicas para cubrir os gastos derivados da compra de libros de texto e material escolar, roupa e calzado para este curso 2019-20, para o ensino obligatorio e infantil, que non cubran as axudas autonómicas.

Os requisitos para poder solicitar estas axudas son estar empadroados no Concello con anterioridade a tres meses, ter un menor cursando algún destes estudos nalgún dos dous centros de Rábade e non superar os 5.000 euros de renda per cápita.

O Concello aclara que non se poden solicitar as axudas para os libros que xa financia a Xunta de Galicia pero si para os que non sexan financiados e tamén para material escolar, roupa e calzado.

A documentación pertinente (libro de familia, declaración da renda, xustificantes económicos, e de pago de vivenda) teñen que presentarse xunto á solicitude antes do 4 de outubro nas oficinas municipais.

Etiquetas