Skip to main content
ActualidadeVilalba

O PP de Vilalba presenta no Pleno de hoxe varias mocións e preguntas

Por 26 Setembro, 2019Outubro 3rd, 2019Sin comentarios

O Partido Popular de Vilalba, que lidera o ex alcalde Aguntín Baamonde, presentará no pleno de hoxe unha serie de propostas e preguntas, “unha vez concecido o tempo de asentamento do novo equipo de Goberno”.

Unha das mocións aposta pola creación dun servizo de fisioterapia a domicilio dentro do programa de atención global á dependencia no Concello de Vilalba, un servio que se dote con orzamento específico e persoal na procura da súa permanencia.

Outra das mocións que o PP levará esta tarde é a revisión por parte do Concello do Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana. Os populares solicitarán que a carga tributaria que recae sobre o cidadán se reduza polo menos un 50% en relación á situación actual.

Así mesmo, proporán en caso alternativo que se proceda á eliminación do imposto e á anulación da ordenanza reguladora.

Tamén levarán a pleno o peche do parque acuático da Madalena e esixirán a reprobación do concelleiro de Espazos Cidadán, Relacións coa Veciñanza e Servizos, Rodrigo Pavón, pola súa decisión de pechar “inxustificadamente” o parque acuático de Madalena este verán.

O PP considera que as deficiencias ás que se acolleu o novo equipo de goberno non eran suficientes para pechar o parque durante todo o verán, xa que se trataba de “desperfectos normais a causa da intemperie que non ofrecían ningún problema de seguridade”, indican. Na súa moción indican tamén que “non estamos de acordo coa idea do PSOE de eliminar o parque e construír unha piscina, porque iso non mellorará o dinamismo que ten actualmente a zona.

No apartado de preguntas, tamén se interesarán polo SAF, concretamente por si existe algunha reclamación presentada polas traballadoras do servizo ou organizacións sindicais ao respecto da modificacion ou apliación dos prezos do convenio. Así mesmo preguntarán polas previsións do equipo de Goberno unha vez remate a concesión actual do servizo.

Volverán sobre o tema da EDAR para preguntar se o Goberno ten feita algunha actuación para a construción dunha nova EDAR e farán a mesma pregunta sobre o Centro de Día.

Así mesmo, preguntará ao novo equipo de Goberno sobre a planificación prevista para o desenvolvemento da PXOM e se se entregou o documento novo adecuado á Lei do Solo.