Vilalba acolle o sábado unha nova edición dos Cantos de Taberna

33 locais de hostalería de Vilalba sumaranse este ano a unha nova edición dos Cantos de Taberna, que se desenvolverán na capital chairega este sábado, 28 de setembro, entre as 12.30 e as 15.00 horas.

Ata o momento está prevista a actuación de 11 agrupacións, a maioría delas da zona, pero tamén vidas de As pontes, Bergondo, A Coruña, San Cibrao e Lugo.

Ademais, durante esta xornada haberá obradoiros de baile e percusión a cargo de Ribado García e Lus Quelle, que terán lugar ás 18.00 horas na praza da Consitución.

Así mesmo están previstas outras actuacións cmo a de Milesios, ás 20.00 horas, Malvela, ás 21.30 horas ou A Companhía do Ruído, ás 23.00 horas.

Etiquetas