Nova edición da escola de música tradicional de Xermolos en Guitiriz

A Asociación Xermolos vén de publicar unha nova edición da súa escola de música tradicional en Guitiriz que dará comezo o vindeiro 3 de outubro.

Dentro da programación haberá clases para os máis cativos de baile, canto e pandeireta todos os xoves de 18.30 a 19.30 horas; e para os adultos serán de 19.30 a 20.15 horas as de canto e pandeireta e as de baile a partires das 20.15.

En cada grupo haberá dous niveis, un de perfeccionamento e outro de iniciación.

As inscricións poderán facerse chamando ao teléfono 608 589 012 ou mediante as redes sociais da Asociación Xermolos.

Etiquetas