Mañá proxéctase en Friol o filme ‘Tempo Libre’

Mañá, día 29, ás 17:30 horas, terá lugar no Museo Fortaleza de San Paio de Narla de Friol a proxección de Tempo libre, curtametraxe dirixida por Noelia Lamas, película na que os recordos da protagonista, espallados por diferentes épocas, cambiarán debido a un factor determinante.

Neste filme, ambientado en terras de Friol, participan veciñas e veciños do concello.

A entrada a este acto é libre e gratuíta ata completar o aforo

Etiquetas