Abre o prazo para inscribirse no Northwest Triman das Pontes

As Pontes acollerá unha nova edición do Northwest Triman que este ano será o 28 de xuño, dúas semanas mais tarde do habitual para asegurar mellor temperatura da auga.

Nesta proba na que a participación está limitada a 700 triatletas, as saídas serán ás 8.45 e 9.00 horas para así aproveitar máis horas de sol.

O 1 de outubro abríronse as inscricións para esta proba, que chega a súa sétima edición, e que é o único triatlón distancia Ironman de Galicia e un triatlón de media distancia.

As inscricións teñen diferentes prezos, por unha banda a larga distancia terá un prezo de 195 euros se a inscrición faise o día 1 de outubro; 230 euros entre o 2 de outubro e o 29 de febreiro e 260 euros entre o 1 de marzo e o 11 de xuño.

Para a media distancia custará 100 euros se a inscrición se fai o día 1 de outubro; 130 entre o 2 de outubro e o 29 de febreiro e 150 euros entre o 1 de marzo e o 11 de xuño.

Etiquetas