A Casa Dopeso das Pontes acolle unha exposición gráfica

A Casa Dopeso acollerá ata o 14 de outubro, a exposición de arte gráfica Jesus Nuñez, a mostra itinerante que recopila unha escolma de 30 obras seleccionadas polo xurado do XIII Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez, certame organizado pola Deputación Provincial da Coruña e a Fundación CIEC.

Entre as obras expostas, e que recorrerán 10 concellos da provincia da Coruña, destacan o Primeiro Premio acadado polo artista polaco Wieslaw Haladaj coa xilografía Appearance 22 e os accésit The extended night de Mehdi Darvishi e Forma y vacío de Rubén Morales Lara,  seleccionados entre as máis de 140 obras presentadas á edición do ano 2018.

Os visitantes terán oportunidade de ver os traballos realizados con distintas técnicas gráficas, gravado calcográfico, litografía, serigrafía, xilografía e as súas derivacións, asinados por autores procedentes de diversos países, entre eles, Irán, México, Polonia ou Alemaña.

Etiquetas