Aberto o prazo de inscrición na Escola de Teatro Municipal de Vilalba

A Escola de Teatro Municipal de Vilalba abriu o prazo de inscrición para a Escola de Teatro Municipal, e que estará aberta ata o 15 de outubro.

Esta inscrición deberá facerse na oficina de Cultura do Concello en horario de luns a venres e de 9.00 a 14.00 horas.

Unha vez finalizada a incrición, o xoves 17 de outubro terá lugar a presentación dos grupos que comezará ás 18.00 co infantil, ás 19.00 o xuvenil, e ás 20.30 horas o de adultos.

As tarifas serán de 3o euros para os pequenos (entre 6 e 10 anos), 60 para xuvenís (de 11 a 16 anos) e a mesma cantidade para os adultos.

Etiquetas