O Fogar de Maeloc inicia un espazo de estudo e sesións de ioga

O hábitat Cultural Fogar de Maeloc, ubicado na cafetería da Casa da Cultura da Pastoriza iniciará este es de outubro as súas actividades mensuais.

Trala posta en marcha dun club de lectura, iniciarase tamén un espazo de estudo neste lugar todos os días de luns a vernes, entre as 15.40 e as 19.00 horas co obxectivo de que podan facer os deberes e estudar neste lugar todos os rapaces que saen colexio.

Ademais, e xa para adultos, todos os martes entre as 16.30 e as 17.45 horas haberá ioga para todas as idades. Os interesados en participar poden facer a súa reserva no 622 913 968.

Etiquetas