Buxiganga aterra en Begonte en outubro e novembro

O Concello de Begonte organiza para o 19 de outubro ás 19.00 na Casa da Cultura de Begonte unha obra de teatro baixo o título A comedia bífida, a cargo de Toporroutou.

Así mesmo, ten programadas dúas obras de teatro máis en novembro, o día 16 ás 18.00 horas será O Lazarillo do Miño a cargo de Os Pinchacarneiros e o 23 ás 18.00 horas Curuxan Teatro Impro representará Improvincia.

Etiquetas