Skip to main content
Actualidade

A Feira da Galiña de Mos será esta fin de semana

Por 25 Outubro, 2019Sin comentarios

Este domingo será a Feira da Galiña de Mos, na parroquia de San Xiao de Mos, en Castro de Rei, na que os criadores desta afamada galiña amosarán na exposición os mellores exemplares.

A feira, que chega a súa décima edición, contará coa feira de artesanía e o tradicional concurso e exposición de exemplares desta raza, o cal comezará ás 10.30 horas e está organizado por Avimós, a Asociación de Avicultures de Raza Galiña de Mos. Ademais, xunto a exposición haberá un concurso a mellor parexa, mellor galo, e mellos pita.

Xa ás 11.30 será a Foliada de Bosende e despois chegará o punto principal da xornada, a degustación, que dará comezo ás 13.30 horas co reparto de racións a un prezo de 10 euros e que consistirán en polo, patacas, ovos e queixo con bebida engadida.

Previsiblemente, serviranse un total de 800 racións como anos anteriores, e os tickets poderanse adquirir nun stand colocado pola organización e estarán á venda dende dous días antes por parte da organización ou o mesmo día da feira.

No apartado musical, destaca a actuación do grupo Jose Amido de Roás ás 16.00, e para rematar a xornada haberá xogos populares pola tarde.

Tamén, se o tempo acompañá, contarán cunha exposición de coches clásicos.