O comité de crise das Pontes reunirase cos partidos con representación no Congreso

O grupo de traballo local por unha transición xusta confirmou, tras unha reunión na que se ultimaron os detalles organizativos da concentración que se levará a cabo, o mércores, 16 de outubro, en Madrid, que xa obtiveron resposta dalgún dos partidos políticos con representación no Congreso dos Deputados e manterán diversos encontros, ao longo da tarde do mércores, na procura de apoios para atopar solucións á situación actual da térmica pontesa.

Ademais, o grupo de traballo adiantou que preto dun cento de camioneiros sairán, o martes, 15 de outubro, ás 15.30 horas, da Casilla e circularán pola Avenida de Galicia,  cara a estación de servizo da Atalaya, lugar onde se unirán, o xoves a mediodía, cos veciños e veciñas que de desparzarán en bus ata Madrid.

Por outra banda, durante este encontro deuse a coñecer as mostras de apoio e a confirmacion da asistencia á concentración recibidas desde a Asociación de Empresarios de Vilalba e a Asociación de Empresarios de Galicia así como dos concellos de Andorra, Ponferrada e Carboneras que tamén se sumarán a esta xornada.

Ana Pena, responsable de Industria, fixo un chamamento a todos os veciños e veciñas das Pontes para que acudan a esta cita para a que continúa aberta a inscrición, ata o martes, 15 de outubro, ás 15:00 horas, no rexistro municipal e no número de teléfono 607 129 325.

Etiquetas