Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

O Pleno de Guitiriz aproba a transferencia de capital para arranxar a rúa Nova

Por 15 Outubro, 2019Outubro 17th, 2019Sin comentarios

O Pleno de Guitiriz celebrou unha asamblea extraordinaria para tratar dous temas de urxencia. Por unha banda a aprobación da conta xeral do ano 2018, que foi ratificada cos votos a favor do PSOE e en contra de PP e BNG.

Tamén se aprobou, neste caso por unanimidade a transferencia de crédito para obras de saneamento de emerxencia, como a reparación da fochanca da Rúa Nova.

O Concello de Guitiriz pechou no mes de setembro ao tráfico a rúa Nova debido á aparición dunha fochanca de gran profundidade que impedía totalmente a circulación. Como alternativa e xa que a rúa dá acceso a garaxes o Concello estableceu un desvío alternativo para os usuarios e usuarias desta vía.

A razón pola que se prohibiu a circulación é porque debaixo do firme atoparon oquedades e problemas coa rede de alcantarillado.

O obxectivo desta urxencia e facer a reparación da vía o antes posible para que poda reabrirse ao tráfico.

Mentres non se realiza a obra, o Concello vén de abrir a rúa tras un apaño provisional. Así, pódese acceder aos garaxes pero recomendan conducir a modo.