Endesa confirma a súa continuidade ata finais de ano pero a manifestación e o paro seguen adiante

Endesa confirmou que manterá ata finais de ano as tarefas” que realizan as empresas auxiliares da central térmica das Pontes (A Coruña), mentres que precisou que manter os empregos “é cuestión do empresario”, apuntou en alusión a cada unha de contratalas.

Así o manifestaron fontes da empresa despois de que representantes sindicais e traballadores ocupasen as oficinas centrais de Endesa na Coruña para reclamar “compromisos de emprego nas auxiliares e garantías de que non se producirían despedimentos en contrátalas no proceso de transformación das instalacións”, segundo informaron desde a CIG.

A protesta iniciouse ao redor das 12,00 horas e, sobre as 16,00 horas, os participantes puxeron fin á mesma tralos compromisos trasladados desde a empresa, segundo os representantes sindicais, aos que se lles inforbou d o compromiso de non redución de traballo ata finais de ano.

XORNADA DE PROTESTAS

Pola súa banda, preto de cen camións do carbón de Endesa partiron cara a Madrid, onde se unirán esta tarde cos veciños que viaxarán a bordo duns 15 autobuses, contratados polos concellos das Pontes, Vilalba (dous) e Ferrol (un) para facilitar a asistencia á concentración que levará a cabo diante do Congreso ás catro da tarde en protesta pola situación que atraviesa Endesa.

Pero os veciños non estarán sos xa que unha ducia de alcaldes das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, A Mariña e A Terra Chá anunciaron que asistirán á protesta en Madrid.

A mobilización desenvolverase no marco dunha folga xeral na vila mineira e que afecta tanto aos empregados das empresas privadas como aos traballadores dos servizos públicos.

Polo de pronto, As Pontes vivirá unha xornada de paro e protesta entre a propia vila, a central térmica e a capital do país.

PLENO DA DEPUTACIÓN

Mentres, o Pleno extraordinario non foi quen de sacar adiante unha moción unánime de apoio á central das Pontes. Segundo indicaron os socialistas o Grupo Provincial do Partido Popular rexeitou chegar a un acordo unánime no Pleno da Deputación de Lugo en favor dos traballadores da central térmica de Endesa nas Pontes e de medidas para manter a actividade da factoría “por non esixir responsabilidades á Xunta, o que volve a demostrar que o único interese polo que se moven os populares nesta problemática é puramente electoralista”.

“Na sesión extraordinaria, o PP desbotou a emenda conxunta presentada polos grupos que forman o Goberno –PsdeG e BNG- porque nela aludíase á responsabilidade da Xunta en materia de industria, cando o Estatuto de Autonomía, no seu artigo 30, dispón que as competencias exclusivas neste eido son da Administración galega”, din. O texto reclamaba “ao Goberno de España e á Xunta de Galicia o impulso de iniciativas que contemplen dun xeito coordinado a necesidade de apostar por un modelo racional de descarbonización e de transformación enerxética, suave e progresiva, a aposta pola economía circular e o mantemento e o impulso do emprego”. “Sen embargo, o Partido Popular non a aceptou porque incluía o termo Xunta de Galicia, tal e como lle recoñeceu o deputado que exerceu de voceiro no debate plenario, Agustín Baamonde, aos voceiros do Goberno provincial”, engadiu.

Pola súa banda, os populares, que defenderon a súa moción por medio do deputado vilalbés e ex alcalde Agustín Baamonde, acusaron directamente ao presidente da entidade provincial de ser o responsable directo de “non reclamar ao Goberno de Pedro Sánchez medidas para garantir o futuro da térmica de Endesa en As Pontes e o dos seus traballadores. “Saímos de aquí abraiados, porque vostedes, que son os que están en relación co Goberno da nación ofrecen aos traballadores bágoas en día de choiva”, indicaron.

Explicou  que o PP non puido aceptar a declaración institucional que propuxo o goberno provincial, despois da convocatoria do pleno. Non foi, dixo, por non estar de acordo en que este é un asunto de país, que require unidade, senón “pola desidia e inacción” da Deputación neste asunto, que estivo “de perfil” e chegou a acusar aos populares de querer montar un espectáculo de circo.

Etiquetas