A serie Hierro, dos irmáns rabadenses Coira, recibe un Premio Ondas

A serie Hierro é a gañadora do Premio Ondas na edición deste ano, na que o xurado tamén elixiu á protagonista da ficción, Candela Pena, como mellor intérprete feminina. A ficción rodouse na isla de Hierro e a súa repartición conta con actores grancanarios como Luifer Rodríguyez ou Maykol Hernández. Os irmáns rabadenses Coira, Pepe e Jorge, foron os encargados de facer o guión desta existosa serie.

Segundo o fallo, a ficción emitida en Movistar foi merecedora do galardón, ex aequo con Arde Madrid, por “combinar valores decisivos nunha serie de televisión: un guion que nunca decae, unha actuación esixente e unha paisaxe que acompaña a trama como un elemento primordial da obra. Hierro é un espectáculo e un drama, funciona como un thriller e como un poema da terra e do mal”.

Pola súa banda, de Candela Pena recoñece que “imprime no personaxe da xuíza Candela Montes intuición, determinación, fortaleza e personalidade. Pola súa interpretación verdadeira impecable e sincera. Muller poderosa que non se conforma coa mirada fácil”.

Os galardóns, que se deron a coñecer este mércores, inclúen na súa categoría nacional a cinco premiados na categoría de radio, dúas de publicidade en radio, once de televisión e seis de música.

Etiquetas